ConcellosÚltima hora

Festas patronais na Pobra de Trives

O Cristo, os días 13 e 14 e a Dolorosa, os días 17 e 18: dúas citas de referencia no mes de setembro
Procesión do Cristo o 14 de setembro polas rúas da Pobra de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.
Procesión do Cristo o 14 de setembro polas rúas da Pobra de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

Despois dun breve paréntese trala festas de San Bartolo no mes de agosto, A Pobra de Trives celebra as festas patronais, nas que comparten protagonismo dúas figuras relixiosas: O Cristo e a Dolorosa.

Os cultos na honra ao Santísimo Cristo comezaban xa o día 5 de setembro coa novena que inclúe confesións, rosario, novena e misa, tódolos días ata mañá 14 de setembro con confesións na igrexa parrroquial de 9 a 12 horas. Ás 10 horas celebrarase unha eucaristía e ás 12 comezará a solemne procesión co Santísimo polas rúas da vila. O apartado musical das festas do Cristo correrá por conta de catro agrupacións. A charanga local Terras do Bibei era a encargada do pasarrúas pola mañá do martes día 13 setembro. Pola tarde, o baile estará amenizado pola orquestra Player’s que actuará en sesión de tarde e tamén verbena. Mañá, día 14, a Banda de Música Municipal de Xinzo de Limia dará o pasarrrúas pola mañá e un concerto pola tarde. A orquestra Trébol a encargada de facer bailar aos asistentes ao son de cumbias, bachatas e pasodobres, emprazando a veciños e visitantes á seguinte cita festiva que terá lugar na fin de semana.

Os cultos na honra á Dolorosa, a outra protagonista do mes de setembro en Trives, comezarán o mesmo día 14 co septenario que se estenderá ata o día 20. Durante eses días, de 9 a 10:30 horas haberá confesións e misa na igrexa parroquial. Pola tarde, de 19 a 20:45 horas haberá de novo confesións, rosario, a oración do septenario e misa. O acto central na honra á Virxe das Dores celebrarase o domingo 18 de setembro. Ese día, de 9 a 12 horas haberá confesións na igrexa e ás 10 horas celebrarase unha misa. A eucaristía solemne comezará ás 12:30 horas, seguida pola multitudinaria procesión que levará á imaxe da Dolorosa por toda a vila. Igual que no caso do Cristo, tamén haberá música para amenizar a festa da Virxe. A charanga Nova Terras de Trives fará o pasarrúas o día 17. Pola tarde o escenario da festa estará tomado pola orquestra Gran Casino que porá o broche musical á xornada actuando pola tarde e tamén pola noite ata altas horas da madrugada. O domingo, o pasarrúas e concerto correra por conta da Banda de Música de Ramirás mentres que o baile virá da man da orquestra Compostela.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button