CulturaCulturaMúsica

Festas temáticas e música en directo nos xoves de verán de Trives

Andrés Montes dará un concerto tributo a Sabina, o 26 de xullo na praza Doutor Paz

Como complemento á oferta de lecer do Concello, dous locais da Pobra de Trives repiten a experiencia para dinamizar as noites de verán na Pobra de Trives con distintas actividades. Trátase dunha iniciativa conxunta da Cervexería Boliche e a Cantina do Catro que queren animar os xoves de verán no centro da vila, concretamente na praza Doutor Paz.

Neste mes de xullo son dúas as actividades programadas: unha festa temática e un concerto. Hoxe xoves día 19 coa colaboración de Hermanager Producións, a praza recreará a partir das 22h. o ambiente ibicenco. Vestimentas brancas, música, animación, combinados e cócteles, discos e vinilos dos vellos e contemporáneos tempos ibicencos… e “incluso algunhas rarezas como vinilos de Locomía e outros grupos mítico-frikis do momento”, aseguran dende a produtora.

E xa para o xoves 26, Andrés Montes, vocalista do grupo pop Gin Toni’s dará un concerto tributo a Sabina, baixo o título Aves de paso.

Artigos relacionados

Back to top button