Ourense

Festexos na honra a San Cibrao

Henry Méndez e Panorama, os pratos fortes no Carballiño
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Un mes despois de celebrar a LI edición da festa do Pulpo, unha das citas gastronómicas máis multitudinarias do verán, con miles de persoas congregadas no campo municipal de O Carballiño para degustar este prato de mar adaptado ao interior, o concello ourensán prepárase para acoller os festexos patronais na hora a San Cibrao. O programa, organizado por unha comisión de festas, inclúe actividades dende o venres 13 ata o xoves 19 de setembro.

Como en toda festa popular serán as bombas de palenque as que den o pistoletazo de saída o día 13 dando paso ao LXIX Concurso de Gando Raza Rubia Galega na Uceira. Con todo, será a lectura do pregón na praza Maior ás 21h. seguida da inauguración do alumeado Artístico S. Cibrao 2013, quen abra de forma oficial as festas que ese día estarán amenizadas pola orquestra Metrópolis.

O sábado día 14 arrincará a xornada cun pasarrúas de xigantes e cabezóns acompañados polo grupo de gaitas Orcellón do Carballiño e tamén da banda de música infantil La Lira de Ribadavia, que tamén dará un concerto na praza Irmáns Prieto. Pola tarde haberá actividades para os nenos na Pista Roxa, un concerto da Coral Polifónica do Casino do Carballiño na praza Asilo, e dúas actuacións (pasarrúas e concerto) da banda de música La Lira. O baile da tarde e noite estará amenizado pola orquestra Madeira.

O día seguinte domingo 15 de setembro haberá máis actuacións musicais: pasarrúas do grupo de gaitas Orcellón e da banda de música do Carballiño (que tamén dará un concerto); animación polas rúas da charanga Doctor Anchoa; tarde e verbena coa orquestra La Oca; concerto de Henry Méndez; e ata discotema móbil. Ese día tamén haberá partido de fúbtol entre C.D. Arenteiro e Atl. Vilariño e máis actividades lúdico-deportivas para nenos que tamén se levarán a cabo o luns 16 e o martes 17.

Así, á parte das alboradas, pasarrúas (cos gaiteiros do Carballiño e as charangas Castro Bello e Doctor Anchoa) e xogos infantís, o luns 16 será o día da gran “Tirada de Fogo Voador” na praza da Veracruz a partir das 00:15h. a cargo da pirotecnia Abad. O baile dese día estará amenizado pola orquestra Sintonía de Vigo que actuará en sesión de tarde e verbena.

Texto: Mónica G. Bellver/Ourense Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O SIL).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button