CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Festivais de Nadal no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras

Na tarde do 19 de decembro actuaban os alumnos de Infantil e Primaria

 

Unha semana antes de coller as vacacións os centros escolares de Educación Infantil e Primaria celebran por todo o alto o Nadal. No CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, por exemplo, organizaron un completo programa cunha actividade cada día.

O lus 16 de decembro, unha representación do centro actuou na Residencia Nosa Señora de Fátima; o martes recibiron a visita do Apalpador; o mércores celebraron a primeira función do Festival de Infantil; e na tarde do xoves tiña lugar segunda sesión da actuación do alumnado de Infantil e tamén o Festival de Primaria . A esta última actuación (coreografías, cancións e mesmo representacións de teatro) pertencen as imaxes da galería.

O programa navideño do centro barquense pecharase mañá, venres 20 de decembro, coa visita das SS.MM. Os Reis Magos de Oriente ao alumnado de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button