ConcellosÚltima hora

O festival “Alicia no país dos contos”, o 18 de agosto en Trives

Este espectáculo está organizado polo Ximnasio TriveSport e terá como escenario a rúa San Martín

 

Cartel deste festival.

 

Teatro, bailes e coreografías cuxo fío condutor serán os contos de Disney e cuxo personaxe central será Alicia. Así será a proposta musical que os alumnos do ximnasio TriveSport porán en escena este venres 18 de agosto ás 22h. na rúa San Martín de Trives.

Trátase de “Alicia no país dos contos”, un espectáculo que o xinmasio trivés preparaba como festival de fin de curso e que agora compartirán co público nesta actuación. Esta actividade será organizada por Trivesport e nela colabora o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button