CulturaMúsicaÚltima hora

Festival Coral de Outono no Barco

O Orfeón Valdeorrés organiza o acto para o 24 de outubro coa Coral Sporting Club Casino de Coruña como convidada
O Orfeón Valdeorrés nun concerto celebrado no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
O Orfeón Valdeorrés nun concerto celebrado no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

O Teatro Lauro Olmo do Barco acollerá o vindeiro 24 de outubro o Festival Coral de Outono organizado polo Orfeón Valdeorrés. Xunto ao coro local dirixido por José Ramón Mansilla, actuará a Coral Sporting Club Casino de Coruña, convidada nesta ocasión.

O concerto de ámbalas dúas corais comezará ás 19:30h. e no repertorio destacan as dúas pezas que interpretarán conxuntamente: “Os cregos i os taberneiros” (tradicional galega) harmonizada por Manuel Angel Viro Caamaño e “Velaí vai” (tradicional galega), harmonizada por F. A. Rey Rivero.

Artigos relacionados

Back to top button