OurenseÚltima hora

Festival de ciencia, maxia e música no Parque Náutico de Castrelo de Miño

O venres 27, despois do festival, poderase observar a eclipse total de lúa
Cartel do festival.

Os vindeiros días 27 e 28 de xullo terá lugar na terraza do Parque Náutico de Castrelo a primeira edición do festival de ciencia, maxia e música Solpores no Náutico. Organizado polo propio parquep xunto coa Asociación Galega para a Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica a partires das 21 horas haberá intervencións duns 30 minutos de duración, de contido variado.

O mago Richard ofrecerá un espectáculo de TecnoMaxia; Deborah García Bello, química e divulgadora científica, falará dos mitos que teñen que ver coa alimentación (aceite de palma, gluten, lactosa, aditivos, edulcorantes…); Francisco Rodríguez, investigador del centro oceanográfico de Vigo (IEO) falará de  “Un mar de colores para el Nautilus”; Casto Rivadulla. Profesor da UDC, Grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROCOM) sobre “Qué é a vida? Unha ilusión, unha sombra, unha ficción…”; Manuel Vicente, químico e director do programa da Radio Galega “Efervesciencia” falará sobre o que cremos saber sobre o cambio climático e por que a “teoría de xogos” nos di que as negociacións climáticas son tan complexas; e Nieves Vidal, Científica Titular del CSIC sobre as árbores senlleiras como un tesouro en perigo e a biotecnoloxía como axuda para estudalas e conservalas para sempre.

E entre as intervencións haberá breves contidos de astronomía, onde Dositeo Veiga (físico e divulgador) describirá algunhas constelacións do ceo de verán, comentando como se representaban na antigüidade en comparación co catálogo elaborado por Alfonso X “el Sabio” (Afonso IX de Galiza). Acompañará Juan Vázquez tocando coa guitarra eléctrica cantigas e músicas do mesmo rei.

Todo iso, para acompañar á eclipse total de lúa que se poderá observar o venres 27 ao rematar o festival cuxa entrada é de balde.

Artigos relacionados

Back to top button