DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Festival de goles en Calabagueiros para despedir as Festas do Cristo

4-2 vencía o C.D. Barco no partido ante o Somozas disputado na tarde do 16 de setembro

No último día de festas, a afección esperaba un bo partido e mellor resultado do C.D. Barco e o equipo non defraudou, nun completo e animado partido disputado na tarde do 16 de setembro en Calabagueiros contra a UD Somozas no que se marcaron 6 goles.

Dende o cuarto posto da clasificación, os coruñeses saltaban ao terreo de xogo dispostos a seguir sumando e no minuto 4 marcaban o primeiro gol ao transformar unha falta directa. Mais os de Manolo Pérez non estaban dispostos a deixarse amedrentar con dous goles seguidos. Santi marcaba de cabeza para poñer o empate no minuto 18 e Juanito, aproveitando un erro defensivo, regatea ao porteiro facendo o 2-1 só un minuto despois. A bancada era unha festa ata que o Somozas logra superar ao porteiro local cun gol raso, chegando ao descanso co 2-2 no marcador.

A segunda parte foi do Barco que aínda marcaba outros dous golazos. David transformaba unha falta no 49′ e Juanito sentenciaba o encontro cun golazo no 64′ que fixo levantar á afección.

Con esta vitoria, a segunda no que vai de liga, o C.D. Barco escala ata o noveno posto da clasificación. A vindeira xornada en terceira división levaraos ata o campo do Couto para disputar o seu primeiro derbi da tempada ante o Ourense C.F.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button