CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Festival de Nadal do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

A Casa da Cultura de Rubiá acollía ao longo da mañá do 21 de decembro o festival de Nadal dos alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá, organizado por este centro escolar. Incluía diversas actuacións e no seu decurso tamén se entregaban os premios aos ganadores do tradicional concurso de postais. Ao final do festival, a ANPA do colexio organizaba un sorteo de rifas e entregaba agasallos aos alumnos e aos profesores.

Ademais do festival, nestes días o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño tamén ten organizado outras actividades como un mercadiño de Nadal na praza do Concello, na mañá do 19 de decembro, no que participaban os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. E xa o día 20 de decembro unha visita á residencia de anciáns para desexarlles bo Nadal e cantarlles unhas panxoliñas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button