CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Festival de Panxoliñas dos colexios barquenses e do Orfeón Valdeorrés

Nel actuaban alumnos dos centros Otero Pedrayo, Julio Gurriarán, Condesa Fenosa e Divina Pastora

A igrexa de Santa Rita do Barco quedábase pequena para acoller á multitude de persoas que acudían ao Festival de Panxoliñas que organizaba na tarde do 18 de decembro o Orfeón Valdeorrés. Nel participaban centos de escolares deste municipio que cantaban panxoliñas, acompañados por moi diversos instrumentos.

Os primeiros en actuar eran os alumnos do CEIP Otero Pedrayo de Viloira, despois facíano os do CEIP Julio Gurriarán, o CEIP Condesa Fenosa e, finalmente, os do Colexio Divina Pastora (xunto cun coro de maiores). O recital de vilancicos concluía co Orfeón Valdeorrés, dirixido por José Ramón Mansilla, que interpretaba dúas pezas: “Las aves se alegran” e “Villancico del canario”.

Finalmente, a presidenta do Orfeón Valdeorrés, Remedios Arias, facía entrega duns agasallos aos representantes dos centros escolares participantes no festival.

Artigos relacionados

Back to top button