CulturaCulturaÚltima hora

Festival de Reis e novo parque infantil na estrea do 2022 en Pantón

Cedida.

 

Pantón comeza este 2022 convertendo en protagonistas aos máis cativos. Así o día 5 péchanse as actividades programadas dende o Concello neste Nadal coa celebración do Festival de Reis. Cítase aos nenos e nenas a acudir a partir das 17h. á praza do Concello, onde contarán cos xogos populares e obradoiro de globoflexia.

Ás 18:30h. está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente, que recibirán a cada neno individualmente e mantendo as distancias para garantir o cumprimento das medidas anticovid en todas as actividades.

Novo parque infantil

E para que os máis cativos de Pantón desfruten do seu tempo de lecer nestas festas, o Concello acaba de inaugurar o novo parque infantil no Castro de Ferreira. O parque contou cun investimento de 120.000 euros (dos que a metade foron a través do GDR Ribeira Sacra-Courel e a outra metade aportación do concello).

As novas instalacións contan cun peche de pedra e diferentes xogos como columpios ou tirolina. Este novo parque infantil súmase aos que concello xa ten en Goián, Gallegos, Toiriz, Tribás, Fontao, A Torre ou Pombeiro co obxectivo de que poidan acceder a este tipo de servizo o maior número posible de nenos.

Artigos relacionados

Back to top button