OurenseÚltima horaVídeos

Festival Espírito Ribeiro, 3 xornadas para sentir o viño na Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle

Esta singular e exitosa proposta remataba este domingo na capela de San Bieito, no municipio de Cenlle

 

Neste domingo 5 de setembro completábase en Cenlle a derradeira xornada do Festival Espírito Ribeiro, tras as do día 3 na Arnoia e do día 4 en Castrelo de Miño. Trátase dun novidoso festival de sabores, viño, música e produto de proximidade. Nel apostábase por proxectar as terras do Ribeiro a través do seu produto máis xenuíno: o seu viño.

E, ademais das degustacións na zona gastronómica e nos postos das adegas, o festival propoñía unha serie de actividades diferentes en cada unha das tres citadas xornadas “para transformar en experiencias os valores que se condensan na etiqueta Ribeiro DO”, xunto cun mercado no que a estrela era o produto de proximidade e a artesanía local: dende mel, marmeladas, licores e xeados, pasando por candeas ecolóxicas, queixos ata gravados en vidro e xoiería.

 

 

Así a xornada inaugural do venres 3 de setembro, en Arnoia, incluía unha intervención da Real Banda de Gaitas de Ourense. Da man de Sergio Pazos, o humor estaba presente co seu espectáculo “Contaxiándonos de humor”. Xoán Curiel, interpretaba “Treides comigo!” (2021) traballo, onde reinterpreta as cantigas dos trobadores medievais galegos desde un punto de vista contemporáneo. O grupo de versións Bafana Bafana deixabaá o seu divertido sinal cun extenso repaso polos mellores temas de pop español.

 

 

O sábado 4 o festival de sabores movíase ata a Castrelo de Miño. O Mago Teto abría os actos co espectáculo “Alquimia”. Logo a cantante ourensá Natalia Kendra poría a nota soul e a compositora, produtora e cantante Amparo Sánchez debullaba cun formato trío en acústico, grandes temas da súa banda Amparanoia.

 

O alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez.

 

A sesión final, o domingo 5, en Cenlle encetábase coa actriz e humorista ourensá Ledicia Sola e o seu último espectáculo de humor, seguido do novo traballo de Festicultores, “Fernando Simón e a Festicultura fan a túa festa mais segura”, por último o grupo Broken Peach poñían o broche de ouro á xornada.

As actuacións estaban limitadas a un aforo reducido (400 prazas) e con previa solicitude de invitación en Woutik.es. Ao longo destas tres xornadas, este festival contaba coa presenza de numerosas autoridades, entre elas, o conselleiro do Medio Rural, o presidente da Deputación, o delegado da Xunta en Ourense, así como os alcaldes da Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle, ademais dos doutros municipios próximos.

Fotos: cedidas (as 3 primeiras da galería)/ Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button