CulturaCulturaÚltima hora

Festival FolkRock nas Portelas (Lubián), o 6 de agosto

Entre os artistas que actuarán nesta 13ª edición están Luar na Lubre e a Banda de Gaitas As Portelas
Concerto do ano pasado de Carlos Núñez acompañado pola Banda de Gaitas As Portelas.

O vindeiro domingo 6 de agosto o Festival FolkRock cumpre 13 anos nas Portelas (Lubián, Zamora), o primeiro concello limítrofe con Ourense onde os costumbres e o idioma se comparten con Galicia, polo que se trata dun festival completamente galego.

Organizado polo Concello de Lubián (co seu alcalde Felipe Lubián como alma máter) coa colaboración da asociación Xente Nova e da Banda de Gaitas As Portelas, converteuse cos anos nun referente musical anual para os namorados da música popular e tradicional galega, así como dos que gosten do máis actual folk e folkrock.

O festival divídese en dous escenarios. O primeiro estará ubicado na plaza Horta do Cura onde, a partires das 19h. actuarán a Banda de Gaitas de Cardielos (Portugal), o grupo etnográfico Sedeiro (Zamora) e a anfitriona, a Banda de Gaitas As Portelas. O segundo será na plaza Nova da Fontarbela ás 22:30h. con Luar na Lubre (dentro de súa xira 30º aniversario) que contará coa colaboración da Banda de Gaitas As Portelas. Despois actuarán os grupos Melech Mechaya (Portugal) e Fatty Farmers (FolkRock).

A Banda de Gaitas As Portelas está dirixida por Jhonathan Ferreira, que recentemente participou nos concertos medievais de Carlos Núñez en tres mosteiros da provincia de Ourense.

 

A Banda de Gaita As Portelas, dirixida por Jhonathan Ferreira, con Carlos Núñez.

Artigos relacionados

Back to top button