CulturaCulturaSen categorizar

Festival internacional de cine rural Carlos Velo

Celebrarase en Cartelle, Amoroce e outros puntos da xeografía galega do 20 ao 22 de xuño

festivalcinecarlosvelo

O Centro Multiusos de Arraianos en Amoroce (Celanova) acollía na mañá do 3 de maio a presentación dun avance da programación do I Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo, que se celebrará en Cartelle, Amoroce e noutros puntos da xeografía galega do 20 ao 22 de xuño.

Unha das súas seccións será unha retrospectiva que levará o título de RetrospectiVelo. Nela o protagonista desta edición será o guionista e realizador, xornalista toledano Lisardo García Bueno.

Dentro das pezas que formarán parte do programa de proxeccións do festival figuran, entre outros, “Cartas de una familia,”; “Mataluega, comedia rural en cuatro actos”; “Yoyes”, emitido en Documentos TV e gañador da Ninfa de Plata no XXIX Festival Internacional de Montecarlo (1989Ç) e do Premio Ondas Internacional (1989); “Ramón Mercader, crimen y castigo”, premio IMPUT 1991; El testamento del Hombre de la Selva; Primer Premio en la Mostra de Cinema Internacional del Mediterráneo. Sección Documental. 1989; “En el corazón de las tinieblas”, Premio BANF Canadá 1993; “Brasil, la lucha por la tierra”, premio Manos Unidas 2002 ou “El legado de Mandela”.

Por outra banda, na presentación tamén se adiantaba que García Bueno presidirá o xurado encargado de avaliar as obras presentadas ao festival, chamado a converterse nun espazo de divulgación de curtametraxes documentais de de ficción centrados no medio rural e na recuperación da memoria histórica.

Aseamade os responsables deste certame, Inés Vázquez e Aser Álvarez, lembraron no acto que o prazo para presentar os traballos a concurso segue aberto ata o vindeiro 17 de maio. As curtas deberán estar rodadas en data posterior ao 1 de xaneiro de 2011 e non poderán exceder os 30 minutos de duración, sendo a súa lingua o galego ou terán que estar subtituladas nesta lingua.

A partir da relación de traballos presentados, o xurado, composto por destacados profesionais do sector escollerá cinco traballos en cada categoría, documental e ficción, que serán o que pasarán á final, dándose a coñecer os gañadores na xornada de clausura do festival.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button