CulturaCulturaÚltima hora

O Festival Internacional de Curtas de Verín presenta cinema creado coa tecnoloxía 3D

A curta Metaverso estréase no último día de proxeccións do FIC que entregará mañá os nove galardóns
Carlos Martínez-Peñalver, Jorge Tur e Carlos Montero.

O II Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín está a piques de baixar o pano. O acto central coa entrega dos galardóns ás curtas premiadas será mañá, 9 de decembro ás 20:30h. no Auditorio, pero antes quere render unha homenaxe ao Máster de Documental Creativo da Universidade Autónoma de Barcelona, cando se cumpren 20 anos da súa creación. Así, hoxe 8 de decembro arrinca o ciclo de retrospectiva sobre este título, que conta coa participación do seu coordinador Jorge Tur. En total serán tres xornadas, que se celebrarán entre hoxe e o vindeiro domingo.

Os asistentes ao festival tamén poderán gozar da tecnoloxía 3D, grazas á estrea en primicia da curta Metaverso realizada dentro do Master de UAB e onde os participantes poderán experimentar a tecnoloxía chamada a revolucinar o mundo do cinema.

Con respecto ás proxeccións, esta tarde tiñan lugar as últimas das curtas que participan no concurso do festival. Un total de 24 obras, 17 dentro da categoría A Raia e 7 na doutra Mirada. Mañá desvelaranse os títulos gañadores dos nove premios que se outorgarán nesta segunda edición do FIC Vía XIV.

A categoría A Raia recompila curtametraxes de cineastas de Galicia e de Portugal. Ao mediodía comezaron as proxeccións na Casa da Cultura, onde se puideron ver 4 obras incluídas nesta categoría: A rapa dás bestas, de Jaione Camborda (España. 2017. 10´); Lemons, de Srinivas Reddy (Portugal. 2017. 15´); Europa, de Hugo Amoedo (España. 2017. 30´); Nyo Vweta Nafta, de Ico Costa (Portugal, Mozambique 2017.22´); e Fajr, de Lois Patiño (España. 2016. 13´). Tamén se proxectaron Auga Mole, de Alexandra Ramires e Laura Gonçalves (Portugal. 2017. 9´); Matria, de Álvaro Gago (España. 2017. 30´); Flores, de Jorge Jácome (Portugal. 2017. 26´); Plus ultra, de Samuel M. Delgado e Helena Girón (España. 2017. 15´);  Bos días España, de María Barceló, Irati Cano, Sara Pisos e Carlos Reyes (España. 2017.30´); Vos humores artificias, de Gabriel Abrantes (Portugal. 2016. 29´); Coelho Mau, de Carlos Conceição (Portugal. 2017. 33´);  Despois da bandeira, de Carlos Martínez- Peñalver Mais (España. 2017 / 7´); Cidade pequena, de Diogo Costa Amarante (Portugal. 2016. 20´); Farpoes Baldios ( Barbs, Wastelands), de Marta Mateus (Portugal. 2017. 25´); Quiasma, de Ton Mejuto (España. 2017.12´); e Coup de Grace, de Salomé Lamas (Portugal. 2017 / 25´).

 

Artigos relacionados

Back to top button