CulturaMúsicaÚltima hora

Festival Reperkusión 2014 en Bemposta (Ourense), do 11 ao 13 de xullo

Entre os grupos confirmados ata o momento están “Muchachito y sus compadres” e “Cuchufellos”
Cartaz provisional do festival.
Cartaz provisional do festival.

A Cidade dos Muchachos de Bemposta (Ourense) acollerá a 12ª edición do Festival Reperkusión os días 11, 12 e 13 de xullo. Como en anos anterioes será unha fin de semana completa, con actividades en horario diurno e tamén nocturno.

A falta de catro meses para a data, dende a organización adiantan as primeiras actuacións confirmadas do programa, dende a rumba rockeira dos españois “Muchachito y sus compadres” ou a percusión, o movemento e a comedia visual dos portugueses “Crassh”, ata os ritmos frenéticos dos ourensáns “Cuchufellos” e o garage-punk desenfadado dos “Terbutalina”.

As entradas para asistir ao festival poñíanse á venda o 13 de marzo a través da web www.reperkusion.com cunha “oferta especial para as 1.000 persoas máis rápidas, só ata o 15 de abril, de 20 € máis gastos de xestión o abono de tres días ou 25 €, se é con acceso á zona de acampada”.

Uns días máis tarde, o 19 de marzo, o Festival Reperkusión 2014 abría a convocatoria para que artistas, grupos e compañías profesionais e afeccionadas, presenten as súas propostas para formar parte do cartel desta 12ª edición. Tal como explican dende a organización “na selección de propostas para a programación de día teranse en conta a súa orixinalidade e capacidade para sorprender, o seu valor artístico e cultural e a capacidade para captar novo público, ademais da adecuación ás condicións técnicas esixidas e a capacidade do espectáculo de adaptarse á rúa e a espazos abertos”. Este ano tamén se seleccionarán tres das propostas de día nas redes sociais do Festival Reperkusión. Os tres artistas, grupos ou compañías que reciban máis apoios serán seleccionados pola organización para formar parte do programa.

Toda a información sobre como inscribirse na convocatoria de artistas está dispoñible na web do festival.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button