OurenseSen categorizarÚltima hora

Festival solidario no Teatro Principal o 6 de marzo

A gala ten como obxectivo recadar cartos para seguir apoiando a reconstrución de Filipinas
Proceso de reconstrucción de Filipinas , campaña "Soñando un Techo".
Proceso de reconstrucción de Filipinas , campaña “Soñando un Techo”.

Co obxectivo de recadar fondos para apoiar a reconstrución en Filipinas tralo paso do Tifón Yolanda (Haiyan), o venres 6 de marzo celebrarase no Teatro Principal de Ourense, o II Festival Solidario “Seguimos soñando un techo”, que terá lugar a partires das 20:30h.

Esta gala está organizada polo Comité de voluntarios e voluntarias de Ourense da ONG de desenvolvemento Taller de Solidaridad e contará coa colaboración da Deputación de Ourense, da escola de danza Nati Fleta- Centro Coppelia e do grupo Animaciones Pepinito que actuarán de forma desinteresada.

Tal como explican dende a organización, esta cita ten un dobre compromiso: por unha banda “que non caiga no esquecemento a situación á que se segue enfrontando o pobo filipino tras 16 meses do paso do Tifón Haiyan Yolanda, e por otro, recadar fondos para apoiar o proceso de reconstrución de vivendas que a ONGD Taller de Solidaridad comenzou en marzo do ano pasado, en Iloilo, unha das rexións máis afectadas polo paso do tifón”.

O prezo da entrada é de cinco euros e poderán adquirirse no Colexio San José – Josefinas (Calle Progreso 24). O Teatro Principal contará asemade cun stand para informar sobre o traballo que se está desenvolvendo. Para todos aqueles que non teñan a oportunidade de asistir ao concierto pero queiran solidarizarse co pobo filipino, habilitourse unha unha Fila 0: 2100.5884.05.0200095431 (La Caixa) indicando en concepto o nome da campaña “Soñando un Techo”.

Artigos relacionados

Back to top button