OurenseÚltima hora

Festivo na capital ourensá

O 11 de novembro, Ourense celebra a festa do San Martiño, patrón da cidade, cun magosto popular na praza Maior no que cada ano miles de persoas proban o viño novo, as castañas asadas e o pan con chourizo
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Segundo o diccionario galego Ir Indo, por definición o termo magosto “é unha festa ou reunión de gran tradición popular, na que se asan e comen castañas” aínda que tamén pode facer referencia á “fogueira que se fai para asar as castañas no monte, especialmente no tempo da súa colleita”. Sexa como for, trátase dun evento especialmente significativo en Galicia aínda que tamén está presente noutras zonas do norte e oeste da Península Ibérica, celebrándose en distintos puntos dos pobos entre o 1 e o 11 de novembro.

O lugar orixinario de tan arraigado festexo foi o monte, onde celebraban as súas cerimonias rituais, co lume como protagonista. O 1 de novembro, era o día en que os celtas apaciguaban os poderes do outro mundo e propiciaban a abundancia das colleitas coa celebración da festa pagana do Samahaim que para uns era o comezo do inverno e, para outros, o final do verán. En todo caso era o comezo dunha nova xestación e un período de intensa comunicación entre os habitantes deste mundo e os do outro, unha concentración do sagrado nun tempo e un lugar determinados. Tratábase dunha festa obrigada e quen non asistía corría o risco de perder a razón.

Os mitos aseguran que era o momento no que se producían grandes acontecementos cósmicos e cando tiña lugar a morte tanto ritual como simbólica do rei e o seu emprazamento, por iso as cerimonias festivas actualizaban, celebraban e comentaban a orixe mítica e a continuidade do mundo.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button