ConcellosÚltima hora

Figuras da alta cociña, no Hostal La Viuda de Trives

A coñecida chef Susi Díaz e o prestixioso reposteiro Paco Torreblanca, de vacacións no oriente ourensán

 

Susi Díaz con Ángel e María, responsables do Hostal La Viuda de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.
Susi Díaz con Ángel e María, responsables do Hostal La Viuda de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

No inicio das súas vacacións, a chef Susi Díaz, responsable do restaurante La Finca e membro do xurado do programa Top Chef  de Antena 3 TV, aproveitaba para achegarse, un ano máis ata Galicia. Facíao ademais acompañada, entre outras persoas, do outro nome de referencia na alta restauración, o prestixio reposteiro Paco Torreblanca.

O coñecido reposteiro Paco Torreblanca, antes de desfrutar do xantar no Hostal La Viuda./ Foto: Carlos G. Hervella.
O coñecido reposteiro Paco Torreblanca, antes de desfrutar do xantar no Hostal La Viuda./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nesta viaxe achegábanse ata o oriente ourensán e facían parada, como noutras ocasións, no Hostal La Viuda, onde desfrutaban dun suculento menú no que non faltaba o marisco, pero tampouco outros produtos da Galicia interior.

 

Máis información na edición en papel de febreiro do Periódico O Sil.

 

 

Susi Díaz e Paco Torreblanca, cos compañeiros de mesa e con membros do Hostal La Viuda./ Foto: Carlos G. Hervella.
Susi Díaz e Paco Torreblanca, cos compañeiros de mesa e con membros do Hostal La Viuda./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os comensais desfrutaban de produtos galegos do mar, pero tamén do interior./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os comensais desfrutaban de produtos galegos do mar, pero tamén do interior./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button