CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“Fillos do océano”, unha homenaxe ás xentes que viven por e para o mar, no Barco

A exposición, un proxecto fotográfico de Javier Teniente, está promovida por Abanca e A Fundación e poderá verse ata o 7 de marzo

 

Dende o 7 de febreiro e ata o 7 de marzo permanecerá aberta na Sala Abanca do Barco de Valdeorras, a exposición “Fillos do océano”, unha proxecto fotográfico de Javier Teniente promovida por Abanca e Afundación que ten como protagonistas ás comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo, así como as mulleres e homes que viven por e para o mar.

A mostra, reúne imaxes únicas de todo o mundo, de lugares como Galicia, Senegal, Andalucía, Nicaragua, India, Sri Lanka, Brasil, Panamá, Madagascar, Vietnam, Noruega ou Indonesia. Unha viaxe polo planeta, facendo fincapé na importancia da auga, da pesca, do coidado do planeta,…

 

 

No acto co que se inauguraba oficialmente a exposición, estiveron presentes Mateo Alonso, coordinador de Negocio Institucional en Ourense de Abanca; Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora Institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Alfredo García, alcalde do Barco; e Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura quen asegurou sentirse identificada coa mostra. “Como mariñeira que son, tamén me considero unha filla do océano”, dixo asegurando que, sobre todo para os nenos, as imaxes son sorprendentes porque “o mundo do mar non é só o peixe que se come, son os mariñeiros e unhas técnicas de pesca de todo o mundo que poden chegar a desaparecer se non coidamos o planeta.

A coordinadora de Afundación tamén fixo fincapé no tema medioambiental, asegurando que “as cousas que nós facemos son para vós, para os nenos para que aprendades e levedes na vosa maleta todos esta información para contribuír ao coidado do planeta”. O primero colexio en visitar a exposición, o mesmo día da inauguración era o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán.

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello do Barco de Valdeorras, Abanca e Afundación e pode verse de luns a venres en horario de 18 a 20:30h. e os sábados de 11 a 13:30h.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button