CulturaCulturaÚltima hora

Fillos do Estramonio actuarán na 17ª Noite Meiga de Ribadavia, o 28 de outubro

Este ano os nenos terán a súa propia festa o “venres infantil” con teatro e actividades variadas
Fillos do Estramonio.

Fiel á cita co Samain (a festividade de orixe Celta), Ribadavia prepárase para celebrar a xa tradicional Noite Meiga.

Prevista para o 28 de outubro, a festa chega este ano á 17ª edición chea de actividades ao longo da tarde-noite do sábado, destacando como novidade o “venres infantil”, 27 de outubro, adicado ao público infantil. O programa comezará pola mañá coa obra de teatro “Bailando con meigas” que terá lugar no Colexio Plurigingüe Ribadavia ás 12h. E xa pola tarde de 16:30 a 20h. na Alameda, levaranse a cabo diferentes actividades (xincana de 24 metros, circuíto de kars, futbolín humano, tobogán e castelo inchábeis). Ademais, haberá unha exposición de cabazas elaboradas polos escolares, na praza da Abastos.

Outra das novidades deste ano, que se organiza coa colaboración da Asociación Líudico Cultural de Magos do Ribeiro, é unha conferencia de maxia de rúa a cargo do mago Raúl Camawey para magos profesionais, afeccionados e tamén de libre acceso para o público en xeral. O propio Raúl actuará pola noite.

Dende a organización, adiantan que este ano o concertó fin de festa, previsto para a 1 da madrugada no salón do Club Artístico de Ribadavia, será a cargo do grupo de música galego Fillos do Estramonio, con entrada libre.

As entradas para o tradicional Pasaxe do Terror poderanse mercar a partir do 20 de outubro en Lisanavia en Ribadavia e o mesmo día da festa a partires das 19h. na finca da MIT na Praza maior. Trátase dun espectáculo para maiores de 12 anos cun aforo limitado e un máximo de 4 entradas por persoa.

Ademáis destas actividades destacadas, na Noite Meiga de Ribadavia tamén haberá un baile de feiticeiros para os nenos, desfile meigo, grupos de percusión, grupos de baile, teatro, queimada…. e incluso un Flasmob especial que se dará a coñecer a través das redes sociais.

 

Cartel da Noite Meiag de Ribadavia.

Artigos relacionados

Back to top button