CulturaCulturaÚltima hora

O filme ourensán “Pelerinaxes”, mellor documental do 21º Avanca Film Festival (Portugal)

Este traballdo, dirixido polo italo-galego Simone Saibene, recibía o galardón ex aequo con “Flames” de Throwell e Decker
Luzía, protagonista de “Pelerinaxes”, nunha das escenas deste filme dirixido por Simone Saibene.

O máximo galardón da sección documental no Avanca Film Festival, un dos festivais máis lonxevos de Portugal, vén de recaer en “Pelerinaxes”, do director italo-galego Simone Saibene. O premio foi ex aequo con “Flames” de Throwell e Decker.

Da cabalo entre a ficción e o documental, “Pelerinaxes” recrea a viaxe que no 1927 realizaban os intelectuais ourensáns Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido e que estruturaban en oito etapas. Este percorrido, que se apoia nun libro de Otero Pedrayo, ten como punto de partida a praza do Ferro da cidade das Burgas e transita por diversos pobos das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña. O filme formaba parte da sección de documentais internacionais en concurso do 21º Avanca Film Festival.

A actriz Carmen Méndez, presente no certame luso, encarna á protagonista do filme, Luzía. É unha investigadora licenciada en audiovisual que realiza, 90 anos despois, ese traxecto ata San Andrés de Teixido e vai reconstruíndo á historia que o rodea co fin de rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade xunto cun compañeiro.

Ademais de Méndez, o reparto deste filme confórmano os ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco. O filme xa resultaba finalista na categoría “Mellor documental” nos Premios Mestre Mateo 2017, representaba a Galicia no espazo CinéFil do Festival Interceltique de Lorient (Francia) 2016 e participaba, entre outros, no Festival de Cornouaille (Francia), no 14º Indipendent International Film Festival de Daca (Bangladesh) e na VI edición do Primavera do Cine de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button
Close