CulturaCulturaÚltima hora

“Filosofía e civilización dixital”, a debate na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra

Santiago López, na súa intervención na Semana Galega de Filosofía./ Cedida.

 

Continúa o programa da XXXVII Semana Galega de Filosofía no Teatro Principal de Pontevedra, que se iniciaba o 5 de abril. Na sesión do martes día 6 contábase coa intervención, neste caso telemática, de Santiago López Petit (Barcelona 1950), profesor na Universidade de Barcelona durante vinte anos e un dos impulsores de Espai en Blanc (www.espaienblanc.net), un proxecto colectivo de pensamento crítico e experimental.

Na súa ponencia, titulada “O algoritmo da VIDA”, partía da pregunta “¿como chegamos ata aquí?” para analizar a situación actual, “a realidade da época global, que nos deixa nunha situación de perigo indeterminado. Na actualidad ese perigo é o Covid, morrer polo Covid é todo isto está ligado ao proceso de desarrollo capitalista: orden absoluto, cambio acelerado, etc.”

Xa pola tarde, dende o Teatro Principal, interviña Iolanda Mato coa ponencia “Galiza (nao) é uma mina”, na que abordaba a explotación de megaminería que amenaza a Galicia por mor da búsqueda de novos recursos (coma o Litio) que dean soporte ás novas tecnoloxías.

E neste mércores na sesión matinal desta Semana participaba Belén Castellanos Rodríguez (Avilés, 1978), profesora e Doutora en Filosofía, cuxo relatorio estaba dedicado á “Tempos virtuais e realidade fragmentada. Unha ontoloxía para a era dixital”.  “A corentena e os confinamentos aos que o mundo enteiro se viu sometido no último ano perante os estragos da pandemia do Covid-19 supuxo, ao meu entender, o inicio dunha nova era. Por suposto, as xéneses nunca son transformacións totais nin mecánicas e esta tampouco, senón que, máis ben, puxo no centro da vida o que nas últimas décadas eran posibilidades, ferramentas cada vez menos marxinais de traballo e de ocio, ou simplemente tecnoloxías que aínda non tiñan modificado notablemente a nosa experiencia espazo-temporal”, indicaba.

Así mesmo comentaba que a “era dixital caracterízase por un aumento tal da inmediatez e dos filtros foto-tecnolóxicos do encontro social e interpersoal que afecta definitivamente á nosa vivencia especular, pois a relación co outro, e non só a íntima soidade, pasan por unha dobre reflexión e refracción, a partir da cal non vemos ao outro namais que se nos vemos falando co outro”.

A xornada do mércores completábase coa intervención do escritor e blogueiro David Rodríguez, coa ponencia “Capitalismo total en Galicia. A sociedade á intemperie”.

Artigos relacionados

Back to top button