En portadaÚltima hora

Fin de ano con lume en Pradoalbar (Vilariño de Conso)

A primeira hora da mañá iniciábase un lume que, segundo Medio Rural, afectaba a unhas 50 hectáreas

Ás 08:24 horas desta mañá de 31 de decembro iniciábase un incendio forestal na parroquia de Pradoalbar no concello ourensán de Vilariño de Conso, segundo a información feita pública pola Consellería do Medio Rural.

O lume quedaba controlado ás 16:03 horas da tarde e extinguido ás 16:55 horas da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 50 hectáreas, das cales 8 son de monte arborado e o resto raso. No lugar traballaron 3 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 2 helicópteros.

Este é o segundo incendio forestal que se produce nesta última semana no oriente ourensán, tras o rexistrado o 28 de decembro en Casaio (Carballeda de Valdeorras).

Artigos relacionados

Back to top button