Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O CIFP A Farixa amplía a súa oferta formativa o vindeiro curso cun ciclo de DJ

O conselleiro de Educación visita o centro para visibilizar a aposta da Xunta por convertelo nun dos piares de referencia en imaxe e son

O CIFP A Farixa puxo fin na xornada de hoxe ao curso 2015-2016 e fíxoo coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que aproveitou a visita para reafirmar o apoio do seu departamento aos centros de FP. E é que o centro da Farixa ampliará a súa oferta de ciclos de cara ao vindeiro ano académico, coa implantación do FP de grao medio en Vídeo disc-jockey e son. Isto vén a complementar a oferta do FP de grao superior en Produción de audiovisuais e espectáculos. “Trátase de reforzar a Ourense como un dos tres polos de referencia desta familia profesional, xunto co IES Imaxe e Son da Coruña e o IES Audiovisual de Vigo”, sinalou Rodríguez.

O centro acollía hoxe, martes 14 de xuño, a festa de fin de curso e a entrega de premios do IV Certame Internacional de Relatos, eventos nos que tamén participou o conselleiro. Así, felicitou aos 92 estudantes que hoxe remataban os seus estudos, 9 dos cales saen con expedientes catalogados coa distinción de ‘excelencia’.

Artigos relacionados

Back to top button