DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Fin de semana ao compás das motos, na Rúa

A rúa Colombia na Rúa, convertíase na tarde do 28 de abril, no centro neurálxico da IV Xuntanza Moteira Primaveral Valdeorras organizada pola peña moteira A Manada. Alí se reunían parte dos 200 inscritos á concentración chegados dende diferentes puntos de Galicia, O Bierzo, Castellón, Asturias e mesmo Portugal, para comezar a ruta mototurística que os levaría ata As Ermitas e as Terras de Trives.

A ruta (esta noite haberá unha polo pobo e mañá haberá outra ata O Bolo e Petín), é unha das actividades do programa que inclúe festas, sorteo de agasallos e moitas sospresas.

A peña que leva catro anos organizando a concentracións está formada por por dez membros, afeccionados ao motor: Joaquín, Noa, Julio, David, Elisa, Arturo, Jorge, Berta, Pablo e Jose.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button