ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Fin de semana ao ritmo das motos na Rúa

O 2 e 3 de abril celébrase a II Xuntanza Moteira Primaveral Valdeorras

Dando a benvida á primavera, A Rúa acolle esta fin de semana a segunda edición da xuntanza organizada pola grupo moteiro A Manada.

Coa cafetería Luna’s como punto de partida, preto das cinco da tarde do 2 de abril, en torno ás cen motos comezaban a ruta ata A Pobra de Trives, unha das actividades do programa desta edición, que inclúe asemade, cea, ruta de antorchas polo pobo, outra ruta o domingo, almorzo e entrega de agasallos, todo isto na carpa instalada na zona do Aguillón.

Conforme avanzaba a tarde do sábado seguían chegando moteiros de diferentes puntos da xeografía española (de Puente de Domingo Flórez, Moaña,Tui, Asturias, Navarra, Redondela, Poio, Gondomar, Bembibre, Virgen del Camino,…) estando entre os 200 e os 250 o número total de inscritos.

A II Xuntanza Moteira Primaveral Valdeorras, continúa o domingo 3 de abril cunha nova ruta pola zona, o almorzo e a despedida.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button