A dirección destas instalacións vén de anunciar a través das redes sociais a apertura das pistas mañá domingo 3 de febreiro
As intensas nevadas caídas nas últimas horas na montaña ourensá tiveron tamén o seu notable reflexo na estación de montaña de Manzaneda. Dende a dirección deste complexo veñen de anunciar a través das redes sociais a apertura da estación ao esquí mañá domingo 3 de febreiro. Tamén informan tamén sobre a apertura de pistas e remontes.
Aínda así, eran xa moitas as persoas, adultos e nenos, que se achegaban ata estas instalacións nesta xornada de sábado para desfrutar da gran nevada.
Fotos: Estación de Montaña de Manzaneda.