ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Fin de semana de éxitos en Madrid para a familia Álvarez de Viana do Bolo

Jorge Álvarez conseguía o 2º premio no certame nacional de moda para xoves deseñadores; e o seu sobriño, Carlos Beltrán Álvarez, vencía en salto de lonxitudel no Campionato de España de Clubs Sub20

O vianés Jorge Álvarez co seu sobriño, o atleta Carlos Beltrán, trala competición en Madrid./ Foto cedida.

 

Cada un no seu ámbito, o vianés Jorge Álvarez García e o seu sobriño Carlos Beltrán Álvarez, conquistaban Madrid nesta fin de semana.

O primeiro proclamábase subcampión de España na 35ª edición dos Premios Nacionais á Moda para Xoves Deseñadores, celebrada o venres 21 de maio en Alcalá de Henares, coa súa colección Uhuru (Liberdade). E o segundo subía ao alto do podio no Campionato de España de Clubs Sub20 celebrado o sábado 22 de maio no Estadio Vallehermoso de Madrid.

Tras conseguir o segundo premio do concurso de moda para Galicia (era o representante galego no certame), Jorge aproveitaba a viaxe a Madrid para ver competir ao seu sobriño. Con orixes en Viana do Bolo aínda que vive na Rioxa, Carlos Beltrán compite co club Go Fit Athletics impoñéndose con autoridade na proba de lonxitude, no seu primeiro e único salto válido, cunha marca de 6,93m.

 

Artigos relacionados

Back to top button