CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Fin de semana de inglés e nevada en Valdín (A Veiga)

A vindeira edición está prevista para o mes de maio tamén no Eido das Estrelas
Participantes nesta segunda fin de semana de inmersión lingüística en Valdín./ Foto cedida por Eido das Estrelas.
Participantes nesta segunda fin de semana de inmersión lingüística en Valdín./ Foto cedida por Eido das Estrelas.

Do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro, a casa da turismo rural Eido das Estrelas de Valdín (A Veiga) convertíase en escenario da segunda edición de “Fins de semana de inmersión lingüística en inglés nunha contorna rural”, tras a celebrada a finais do pasado ano.

Entre os docentes contábase con dous nativos americanos, neste caso de Minnesota, e en representación de “Mater Lingua” acudía novamente Beatriz Araujo.

O programa desenvolvido incluía obradoiros, excursións e diversas actividades acompañadas de almorzos e menús típicos americanos. Ademais os participantes no programa tiveron a oportunidade de desfrutar dunha “gran e espectacular nevada tal e como predecía o cartaz”, segundo apuntan dende organización da actividade, en mans da asociación pontevedresa “Mater Lingua” en colaboración co establecemento de turismo rural “Eido das Estrelas”.

Tendo en conta a boa acollida destas actividades, xa está programada unha nova fin de semana de inmersión lingüística en Valdín. Está prevista para os días 8, 9 e 10 de maio.

 

Vista de Valdín na nevada caída na fin de semana do 31 de xaneiro e 1 de febreiro./ Foto: Eido das Estrelas.
Vista de Valdín na nevada caída na fin de semana do 31 de xaneiro e 1 de febreiro./ Foto: Eido das Estrelas.

Artigos relacionados

Back to top button