CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Fin de semana de teatro na Rúa

Os grupos AMBI-COCEMFE, La Caja de Pandora e Xaime Prada actuaron no Centro Cultural Avenida

As VII Xornadas de Teatro da Rúa continúan coas representacións no Centro Cultural Avenida, e na fin de semana do 3 ao 5 de xuño tocoulle o turno a tres agrupacións afeccionadas, da provincia de Ourense e tamén León.

O venres, Mari Calvo de Vilamartín presentaba o seu monólogo “Comovoloconto” e os membros do taller de teatro de AMBI-COCEMFE de Ponferrada, poñían en escena a súa particular versión de “La Caperucita Roja”. O sábado, tocáballe o turno aos verineses La Caja de Pandora, que presentaron a súa obra “Sempre nos quedará Venecia”, un canto á amizade en medio da soidade.

A fin de semana de teatro na Rúa completábana os membros do grupo Xaime Prada de Vilamartín de Valdeorras con “A idade do pavosaurio”, unha divertida obra de enredo que estreaban en abril no marco das Festas de San Jorge.

A vindeira fin de semana subirá ao escenario Morea Show do Barco con “Microencontros” que deberá actuar o sábado 11 de xuño en lugar do venres como estaba previsto, por mor dun mitin no centro cultural; e xa o domingo 19 de xuño actuará Augas do Sil de San Clodio que interpretará dúas obras: “Vaia servizo” e “Diñeiro, bon compañeiro”.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button