SanidadeÚltima hora

Fin de semana de vacinación no Hospital de Valdeorras

270 usuarios foron convocados para ser vacinados hoxe e 320 para mañá

Un dos vacinados esta mañá no HPV.

 

Dende primeira hora desta mañá de sábado 17 de abril, mentres o Pavillón de Calabagueiros acolle o cribado poboacional a veciños do Barco e Rubiá, persoal sanitario da comarca continúa coa vacinación aos grupos de idade de 70 a 79 e aos de 60 a 65 anos no Hospital Público de Valdeorras.

A vacinación continúa mañá pola mañá.

En total son 270 os usuarios que foron convodados para ser vacinados hoxe con AstraZeneca (60-65 anos), mentres que mañá serán 320 os que reciban a vacina Pfizer (70-79).

 

Outro momento da vacinación esta mañá no hospital.

Artigos relacionados

Back to top button