EconomíaEconomíaViticultura

Fin de semana de viño en Cenlle

A localidade será escenario da X Festa do Viño Tinto e a V Ruta das Adegas os días 7 e 8 de xuño
Imaxe promocional desta festa de Cenlle.
Imaxe promocional desta festa de Cenlle.

O viño será o protagonista da vindeira fin de semana no concello ourensán de Cenlle. Será unha dobre cita: a X Festa do Viño Tinto e a V Ruta das Adegas. “Os participantes poderán degustar os nosos viños ao pé de cuba, dentro das propias adegas, algo que permite coñecer aos propios colleiteiros e todo o proceso de elaboración, acompañados dunha cunca de viño e na outra man un pincho, agasallo dos propios colleiteiros”, explican dende a comisión de festas de Cenlle.

O programa comezará o sábado día 7 de xuño ás sete da tarde coa apertura da Ruta das Adegas, que pecharán as súas portas ás 23:30h. A partir de aí actuará o dúo musical Music-lar na praza da Tenencia e haberá unha degustación de sopas de burro cansado.

Ao día seguinte a ruta reabrirá entre as 10h. e as 13:30h. Ás 14.30h celebrarase un xantar popular no polideportivo do colexio, cuxa entrada custará 13 euros (ademais será necesario reservala). Despois, ás 18h comezará a primeira “Guerra de Viño de Cenlle”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button