ConcellosÚltima hora

Fin de semana en inglés en Valdín (A Veiga)

Este o primeiro programa de inmersión lingüística que se imparte nunha casa de turismo rural valdeorresa
Participantes nesta fin de semana de inmersión lingüística./ Foto cedida por Eido das Estrelas.
Participantes nesta fin de semana de inmersión lingüística./ Foto cedida por Eido das Estrelas.

Obradoiros, excursións e diversas actividades acompañadas de menús típicos anglosaxóns e americanos. Son algunhas propostas que se incluían no programa “Fins de semana de inmersión lingüística en inglés nunha contorna rural”, que se desenvolvía os días 15 e 16 de novembro no establecemento de turismo rural “Eido das Estrelas” de Valdín (A Veiga).

A iniciativa foi organizada pola asociación pontevedresa “Mater Lingua” en colaboración co establecemento de turismo rural “Eido das Estrelas”. Esta é a primeira iniciativa deste tipo que se desenvolve na comarca de Valdeorras.

Unha das ceas con pratos anglosaxóns incluídas nas xornadas./ Foto cedida por Eido das Estrelas.
Unha das ceas con pratos anglosaxóns incluídas nas xornadas./ Foto cedida por Eido das Estrelas.

Entre os docentes se encontraban 2 nativos, Irene (escocesa) e Matt (un americano de Louisiana) e en representación de “Mater Lingua” veu Beatriz Araújo. “Debido á demanda que houbo e ao éxito desta primeira fin de semana, prevese repetir esta actividade en diversos meses de 2015”, segundo adiantan dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button