DeportesÚltima hora

Fin de semana na neve da man da sección de esquí do Club Peña Trevinca Barco

Uns 15 xoves asistiron ao curso desenvolvido esta fin de semana na estación invernal de Leitariegos
Asistentes ao curso de esquí en Leitariegos (León). /Foto cedida.
Un ano máis e xa van case 30, a sección de esquí do Club Peña Trevinca Barco organizou o curso de esquí e de snow na estación invernal de Leitariegos, León.
O curso, dirixido a nenos e xoves dende os 8 anos da comarca de Valdeorras, celebrábase na fin de semana do 24 e 25 de febreiro contando cuns 15 participantes “que desfrutaron do deporte branco”, aseguran dende a organización. Dende o club, agradecen o labor desenvolvido polos monitores Montserrat Vázquez e Miguel Angel Limeres que “teñen o compromiso de difundir o deporte entre os máis pequenos” así como o apoio dos pais que “ano tras ano confían no noso club para levar os nenos á neve”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close