DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A final da Copa Deputación enche o polideportivo de Manzaneda

Esta instalación acollía as semifinais e as finais da Copa Deputación de fútbol sala

Coas bancadas cheas e moito ambiente na pista polideportiva se desenvolvían as semifinais e as finais (tanto femininas como masculinas) da Copa de Deputación de fútbol sala en Manzaneda. A competición comezaba na tarde do 24 de xuño cos partidos que daban o pase á final, que se desputaba ao día seguinte.

No caso dos encontros masculinos medíanse o SD Piñor e o Pub Area 12, por unha banda, e o SD Os Escornabois e Os Peares FS, pola outra. De aí saían vencedores, e polo tanto finalistas de Copa, o Pub Area 12 e Os Peares. Finalmente, a vitoria sería para Os Peares.

No caso dos partidos de fútbol sala feminino enfrontábanse o Cartelle FSF e o Pazo Tizón-Carballiño FS e, no outro emparellamento, o Cidade de Ourense CF e o EDC Verín. Pasaban ás finais o Cartelle e o Cidade de Ourense, saíndo finalmente vencedor da Copa Deputación este último.

A competición concluía coa entrega das Copas aos vencedores desta edición, na que o gran ausente era o equipo local, o Sporting Manzaneda, que resultaba eliminado nos cuartos de final.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button