DeportesÚltima hora

A final da Copa Veteranos xogarase o 11 de xuño na Rúa

C.D. Rúa, Celadilla (Léon) e At. Bañezano enfrontaranse no Aguillón a partires das 10:30h.

O vindeiro domingo 11 de xuño a partires das 10:30h. o campo de fútbol Novo Aguillón da Rúa acollerá un evento deportivo moi especial: a final da Copa Veteranos.

O C.D. Rúa, o Celadilla de León e o At. Bañezano veranse as caras sobre o céspede para loitar pola prezada Copa á que o conxunto rues chegaba despois de vencer en semifinais ao Trobajo del Camino (3-4 no partido de ida en terras leonesas e 5-2 na Rúa).

A primeira parte da competición comezará ás 10:30 horas, a segunda ás 11:30h. e a terceira ás 12:30h. Ademais, durante a final rendiranlle homenaxe ao ex presidente do Rúa, Álvero Rodríguez “Purrela”.

 

Artigos relacionados

Back to top button