ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Finaliza o campamento de verán de San Xoán de Río

Hoxe, 28 de agosto, os nenos desfrutaron de karts, inchables e dun canón de escuma

 

Tras mes e medio de actividades variadas, finaliza o campamento de verán de San Xoán de Río. Hoxe, venres 28 de agosto, os nenos desfrutaron de karts, inchables e dunha festa da escuma como acto de clausura. Os participantes desta iniciativa, organizada polo Concello, gozaron dunha programación variada de 3 horas diarias no transcurso do campamento, que esgotou as prazas antes de comezar.

Dende o goberno local indican que sempre apostarán “porque os nenos do noso concello e os fillos de emigrantes socialicen xuntos e establezan amizades mentres aprenden e desfrutan en San Xoán de Río”.”Se os nenos crean os seus vínculos de amizades no noso concello, aínda que durante o ano estean noutros lugares, coas novas tecnoloxías seguirán en contacto entre eles e o lugar que sempre elexirán para verse será San Xoán de Río”, afirman dende o Concello.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button