En portadaSanidadeÚltima hora

Finaliza o cribado de Covid do Barco e Rubiá cun 66,3% de participación

Realizánbanse un total de 1.989 probas PCR, segundo informa a Consellería de Sanidade

Publicidade

 

 

Esta tarde de sábado concluía no pavillón polideportivo de Calabagueiros no Barco un cribado de Covid-19, mediante probas PCR, ao que estaban convocados a partir das 10h. unhas 3.000 persoas (de entre 18 e 64 anos) dos municipios do Barco e de Rubiá.

Dos 3.000 citados (aproximadamente a metade por autoinscrición voluntaria), acudía o 66,3%. En total realizábanse 1.989 probas PCR, segundo informa a Consellería de Sanidade. Os resultados destas probas daranse a coñecer mañá.

Artigos relacionados

Back to top button