ConcellosÚltima hora

Finaliza o curso básico de Protección Civil na Rúa

 

Tras dúas fins de semana intensas de formación, arredor das 15h. deste domingo 17 de novembro finalizaba o curso básico de Protección Civil na Rúa. Esta acción incluía unha parte teórica, impartida nunha aula do Centro Cultural Avenida, e outra práctica.

Nesta actividade participaban uns 24 voluntarios: 5 da agrupación de Protección Civil da Rúa, 6 de Petín, 3 de O Bolo, 2 de Ribas de Sil (Lugo), 2 de Viana do Bolo, 2 de Vilamartín, 1 de Manzaneda e 1 de Vilariño de Conso, tal e como se informa dende a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa.

 

 

A clausura do curso viña da man do alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, quen resaltaba a importancia das agrupacións de voluntarios de Protección Civil para os concellos e agradecía a participación dos asistentes nesta formación e a súa aportación desinteresada e altruísta á sociedade, “cedendo o voso tempo para aprender, evolucionar e participar de forma gratuíta no coidado das persoas e das cousas. Temos a Protección Civil en todos os eventos axudando á organización, velando pola seguridade e intervindo en situacións que preocupan á xente como é o caso da praga da Vespa velutina“.

Fotos cedidas por Protección Civil da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button