EconomíaEconomíaÚltima hora

Finaliza o curso sobre viños doces organizado pola D.O. Monterrei

Unhas quince persoas asistían a esta accción formativa impartida en Verín ao longo de dúas sesións polo experto Paco del Castillo
Un dos momentos do curso sobre viños doces na sede do CRDO Monterrei./ Foto cedida.

Nesta mañá de sábado 9 de marzo finalizaba a segunda sesión do “Curso monográfico de viños doces” promovido polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Unhas 15 persoas asistían a esta acción formativa na que, ao longo de dúas xornadas, se achegaba formación sobre a historia e tipoloxía dos viños doces.

“Entre as cuestións abordadas figuran os viños doces, de licor, doces naturais, xenerosos de licor, doces tradicionais, xenerosos ou tostados (elaborados en lugares tan diversos como Andalucía Occidental, Málaga, Porto, Madeira, Sauternes ou Tokaj, entre outros)”, segundo se indica dende o CRDO Monterrei.

O curso desenvolvíase na propia sede do consello regulador en Verín e ten sido impartido por Paco del Castillo, profesor de sumilleres, experto en análise sensorial de viños e Máster en Viticultura e Enoloxía pola Universidade Politécnica de Madrid.

A presidenta deste consello regulador, Lara Da Silva, agradecía aos asistentes ao curso a súa “participación nesta acción, unha aposta formativa que arrancou en anos anteriores e que continuará ao longo do 2019, así como ao ponente da mesma”.

Artigos relacionados

Back to top button