ConcellosÚltima hora

Finaliza o obradoiro “Espazo Verde Bibei-Frieiras 4.0.”

Un total de 20 alumnos formábanse nesta iniciativa, na que participaban os concellos de Viana do Bolo, A Mezquita e Manzaneda

Acto de clausura do obradoiro./ Foto cedida.

Despois de nove meses de formación, na mañá do 2 de setembro tiña lugar en Viana a clausura do obradoiro  de emprego “Espazo Verde Bibei-Frieiras 4.0.”. Neste acto contábase coa presenza dos alcaldes de Viana do Bolo, Secundino Fernández, e de Manzaneda, Amable Fernández, así como do  xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Santiago Álvarez González.

Nesta actividade formábanse 20 desempregados dos concellos de Viana do Bolo, Manzaneda e A Mezquita en Xardinería e Conservación e Mellora de Montes. A administración galega investía neste obradoiro 288.807 euros, mentres que os concellos sufragaban o custe de todos os materiais utilizados, en total máis de 30.000 €., segundo a información do Concello de Viana.

As actuacións do obradoiro centrábanse no arranxo de vías para montes e o mantemento de xardíns e zonas verdes. No caso concreto do concello de Viana do Bolo actuouse nos xardíns do Sarito, no entorno da casa do concello e na pista de Quintela de Hedroso ao monte comunal.

 

 

“A principal novidade desta nova modalidade é que os participantes puideron combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro”, segundo indica o rexedor vianés, Secundino Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close