CulturaCulturaÚltima hora

Finaliza o verán cultural de Barbadás con dous eventos para esta semana

Terán lugar a obra de teatro "A nena que quería navegar" e a proxección da película "Yesterday"

O Concello de Barbadás finaliza esta semana a súa axenda cultural para os meses de estío con dúas actividades máis no marco do programa “E no verán…? Refréscate coa cultura”. O xoves, 3 de setembro, terá lugar a proxección da película “Yesterday” de Danny Boyle. A sesión será no Parque dos Patos da Valenzá, ás 21:00h.

Noutro ámbito, o domingo 6 de setembro haberá unha actuación teatral dedicada ao público infantil. A compañía Redrum Teatro representará “A nena que quería navegar” ás 20:00h, tamén no Parque dos Patos da Valenzá.

 

Cartel da proxección / Foto: cedida.

 

 

Cartel da obra de teatro. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button