EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Finaliza a V Feira de Alfarería Internacional do Barco

Nela poñíanse á venda as pezas de 16 artesáns de diversos puntos da penínsual, sendo Portugal o país convidado nesta edición

Despois de tres días de exposición e demostracións ao vivo, concluía a V Feira Internacional de Alfarería do Barco. Instalábase do 2 ao 4 de xuño no Paseo do Malecón da vila e nela podían visitarse os postos de dezaseis artesáns do barro de diferentes puntos da península.

Así podían mercarse pezas elaboradas por Pedro Rodríguez, Mercedes Alonso e Marisol Garrote (Pereruela de Sayago, Zamora), Hermanos Fraile, Marcial Carrasco e Francisco Casas (Puente del Arzobispo, Toledo), Catalina Arance (Bailén, Jaén), Hermanos Pérez, Ignacio Guillén e Manuel Vinagre (Salvatierra de los Barros, Badajoz), Santiago Gallego (Carbajal de la Legua, León), Miguel Ángel Sánchez (Villarrubia de los Ojos, Ciudad Real), José Pajares (Arroyo de la Luz, Cáceres), Isaac Cívicos (El Perdigón, Zamora), Alfafería Migonli (La Bañeza, León). Nesta ocasión o país convidado era Portugal, que estivo representado polo artesán Armando Moita Domingues de Coímbra.

Ao longo da mostra, como cada ano, elaborábase unha peza xigante conmemorativa que se lle doa ao Concello do Barco, xunto cunha peza de cada un dos expositores participantes. Desta volta ten sido elaborada polo mestre Santiago Gallego de Carbajal de la Legua (León). Nesta ocasión tamén se instalaban inchables para os máis pequenos. Este certame ten sido organizado pola Federación Interrexional de Alfareiros (Finral) en colaboración co Concello barquense.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close