ConcellosManzanedaÚltima hora

Finalizan as obras de mellora da estrada OU-44003 Manzaneda-Ponte Bibei

Un dos puntos desta estrada tras as obras.

 

As obras de mellora e mantemento da estrada municipal OU-44003 Manzaneda-Ponte Bibei (en concreto entre os puntos quilométricos 2+300 e 4+200), que se iniciaban o pasado 7 de abril, remataban onte venres.

Dende o Concello de Manzaneda recomendan que nestes primeiros días, tras o remate da actuación, se circule “a modiño xa que pode haber grava miúda solta”.

Esta actuación executouse tras a sinatura dun convenio entre o Concello e a Consellería do Medio Rural polo Plan de Infraestruturas Rurais 2020-2021.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button