OurenseÚltima hora

Finalizan as obras de saneamento e depuración en San Cibrao das Viñas

O delegado do Goberno en Galicia supervisaba o remate das actuacións o 5 de outubro
Visita ás obras de depuración de San Cibrao das Viñas.
Visita ás obras de depuración de San Cibrao das Viñas.

Tras 19 meses de execución, están a piques de concluír as obras de saneamento e depuración de San Cibrao das Viñas. Con elas mellorarase a calidade das augas do río Barbaña e dos regatos cercanos. Esta actuación supuxo un investimento de 2.345.513 de euros e foi financiada nun 80% pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e nun 20% pola Xunta de Galicia.

Esta intervención dará servizo a unha poboación equivalente de 55.000 habitantes e permitirá tratar os verquidos de augas residuais dos polígonos de Pereiro de Aguiar, Parque Tecnolóxico, San Cibrao, Barreiros e Cidade do Transporte, e das áreas urbanas de San Cibrao e O Piñeiral.

Durante a mañá do 5 de outubro o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; xunto co presidente da CHMS, Francisco Marín, desprazábase ata San Cibrao para supervisar o resultado dos traballos, que finalizarán nos vindeiros días. Ademais nesta visita estiveron acompañados polo alcalde deste concello ourensán, Manuel Pedro Fernández, e polo subdelegado del Goberno en Ourense, Roberto Castro, entre outras autoridades.

Artigos relacionados

Back to top button