Galerías de fotosÚltima hora

Fiorella Faltoyano abre as festas de Monforte

A actriz, que lembraba a súa infancia neste concello, lía o pregón no Campo de San Antonio o 11 de agosto

Monforte de Lemos é o lugar lugar onde “empezou a película da miña vida e aquí debín ter nacido”. Así principaba a actriz Fiorella Faltoyano o seu pregón das festas patronais desta cidade lucense no Campo de San Antonio o 11 de agosto. No seu discurso lembraba os lazos familiares que a unen con Monforte nun acto no que estivo acompañada por parte da Corporación municipal, encabezada polo alcalde, José Tomé, quen lle agradeceu a súa presenza xunto co seu marido, o guionista e director Fernando Méndez Leite, amais de desexarlle á cidadanía que goce destes días de celebración.

Fotos: Concello de Monforte de Lemos

Artigos relacionados

Back to top button