DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Fitness Box, un novo ximnasio na Rúa

Despois dun tempo pechado, o ximnasio da rúa Campogrande volve estar aberto, con nova xerencia, novas instalacións e nova imaxe.

O luns, 4 de abril, Fitness Box abría as portas na vía principal da Rúa, converténdose “nun novo ximnasio e tenda de nutrición”.

Cun horario de 8 a 22 horas de luns a venres e de 10 de 14 horas o sábado, o centro de deportes está equipado cunha completa sala de musculación, podendo asistir a clases de aerodance, pilates, spinning, aeróbic e ioga, con adestramento personalizado e control de peso.

Artigos relacionados

Back to top button