OurenseÚltima hora

“Fitness Pazo”, unha aplicación móbil para os abonados do Pazo dos Deportes Paco Paz

A App foi presentada polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

 

A Deputación de Ourense vén de lanzar unha aplicación móbil para os abonados do Pazo dos Deportes Paco Paz. A App, denominada “Fitness Pazo” , ten como obxectivo facilitar a reserva e xestión das diferentes actividades que ofrece esta instalación deportiva. A través dela, os abonados poden consultar os seus datos e recibos; reservar clases deportivas e sesións de fisioterapia; realizar compras; xestionar mensaxes e dispoñer de contacto directo co Pazo dos Deportes.

Artigos relacionados

Back to top button