CulturaCulturaÚltima hora

O FITO saca un “dragosauro” ás rúas de Ourense con Tiritirantes

Os arxentinos de El Rayo Misterioso presentan ás 20:30 horas o seu espectáculo “Dionisos Aut” no Auditorio
Tiritirantes co seu espectáculo de rúa.

Un dragosauro sairá hoxe, 6 de outubro, pola rúa do Paseo de Ourense para facer as delicias dos máis cativos. Esta criatura mitolóxica vén da man da compañía castelá Tiritirantes xa que presentan o seu espectáculo “Ulterior, el viaje”, enmarcado dentro do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO).

Este espectáculo é un pasarrúas na que o profesor Copérnico, un científico tolo que inventou o Pushpaka, unha máquina do tempo coa que logra viaxar ao futuro. Nas súas peripecias acompáñano sempre o seu desastroso e fiel contramestre Segundo e unha muller paxaro, Ainé, que se converteu na súa guía expedicionaria nas súas aventuras.

Os seis personaxes sorprenden ao público coas súas peripecias, Segundo ando sobre unha bóla xigante, Ainé cativa coas súas acrobacias aéreas e os dragosauros asombran coas súas habilidades e incluso déixanse montar.

Auditorio

Pola súa banda, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal recibe á compañía arxentina El Rayo Misterioso, quen, tomando como punto de partida a mitoloxía grega, presenta “Dionisos Aut”, unha peza teatral que se convirte nunha crítica ás sociedade capitalista na que se confronta a súa poética con discursos e personaxes contemporáneos.

“Dionisios Aut” expón o enfrontamento entre Dionisos e Apolo, ou o que é o mesmo, a mentira instalada fronte á revolta e o renacemento espiritual. Faio a través dun friso de imaxes en movemento que nos convidan a múltiples e desgarradas lecturas onde está en xogo unha visión apocalíptica da humanidade. Alí quedará entre as imaxes máis terriblemente belas desta inacabada viaxe que é o descenso aos infernos da nosa historia máis recente.

Artigos relacionados

Back to top button